Catro escritores deciden reinventarse e elaborar un libro nas redes sociais titulado “Caramomia”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe “Oito Mans”. Un proxecto no que participan os escritores Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e Miguel López “O Hematocrítico”. Todos eles crearán un libro titulado Caramomia a través das redes sociais. E para iso, precisan da axuda de toda a cidadanía.

O confinamento está espertando sen dúbida a creatividade de toda a cidadanía e, nestes tempos de encerro son moitos os que queren aproveitar as redes sociais para tratar de reinventarse. Con este obxectivo nace “Oito Mans”. Un proxecto formado polos escritores Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e Miguel López “O Hematocrítico”. Xuntos crearán, a través das redes sociais, o libro “Caramomia”.

Os escritores aseguran que este proxecto é un reto para eles pero están convencidos de que chegou o momento de reinventarse.

Este proxecto non sería nada sen o público. O obxectivo é que todos os lectores sexan partícipes e teñan un papel fundamental no libro.

“Caramomia” arrancará o vindeiro luns co primeiro capítulo. Cada semana, os escritores irán subindo á rede 4 deles ata chegar aos 24 que formarán o libro.