Os mellores oftalmólogos de Galicia, España e Portugal daránse cita en Pontevedra

Pontevedra> o Pazo da Cultura acollerá os vindeiros días 20-21 de outubro o Curso Atlántico. Unha cita que reunirá a máis de 200 especialistas en Oftalmoloxía de Galicia, España e Portugal. Un evento que ten como fin a constante aprendizaxe no mundo da medicina. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá os días 20 e 21 o Lifelong Learning Programme Bausch + Lomb Curso Atlántico. Unha cita dirixida por Pedro Corsino e que ten como fin reunir aos mellores oftalmólogos de Galicia, España e Portugal co fin de afondar en tres temas, o glaucoma, a retina interior e as cataratas. Para o alcalde é unha honra contar con esta cita na cidade. Dende a dirección deste curso dixeron que tiñan claro que esta cita se debería celebrar en Pontevedra cidade, e para isto, Pedro Corsino, enviou unha carte aos participantes falando do que, dende o seu punto de vista, significa Pontevedra para él. Unha cita que reunirá a 200 profesionais e cuxo obxectivo non é outro que o de continuar potenciando a aprendizaxe e a innovación no mundo da medicina.