X. García: ‘ O peche de Calvo en Esteiro sería un auténtico mazazo para a comarca’

    MUROS> A CIG mostrou o súa preocupación polo traslado da conserveira Calvo. O anuncio do grupo conserveiro Calvo de pechar e trasladar a Carballo a planta de Esteiro preocupa á CIG. Dende este sindicato apostan polo mantemento, primeiro da actividade na factoría muradá, e en segundo lugar da conservación dos actuais postos de traballo, coincidindo, en principio, coas propias intencións da empresa. Dende a CIG consideran que a situación é un auténtico mazazo para a comarca. Todo apunta a que xa non haberá marcha atrás na decisión da empresa e o peche da factoría parece xa insalvable. Outra cousa son as condicións dos traballadores. O comité negocia agora coa dirección unha serie de melloras como poden ser o 100% da liquidación para aqueles operarios que rexeiten irse a traballar a Carballo ou que o tempo investido no traxecto, ó redor dunha hora de percorrido, compute tamén na xornada laboral.