Usuarios do CAD da Pobra converten o centro nun poboado de Nadal

A POBRA> Ó igual que xa fixeran no Samaín, os usuarios do CAD da Pobra decoraron o centro converténdoo nunha auténtica aldea de Nadal. Unha casiña, un trineo e unha árbore inclusiva forman parte dos elementos que compoñen esta fermosa estampa.

Os usuarios do centro ocupacional e o servizo de voluntariado do CAD da Pobra leven dende outubro traballando na decoración de Nadal que xa loce no centro pobrense.

Na entrada atopamos unha casiña de Nadal, un trineo e unha caixa de correo para deixar as cartas dirixidas ós Reis Magos.

Tamén o exterior loce moi fermoso con guirnaldas, coroas e unha letras xigantes cosidas polos usuarios nas que se pode ler Bo Nadal. Destaca tamén a presenza dunha árbore inclusiva que convida a participar.

Dende o centro agradeceron a colaboración da empresa D.S. Smith Cartogal que doou o cartón usado como base para estes elementos decorativos.