Portos retira sete toneladas de refugallo dos fondo mariños de O Grove e Vilanova

    VILANOVA> O Plan de Limpeza de Fondos Mariños, que anualmente realiza Portos de Galicia, centrouse este ano en cinco concellos, entre os que estaban Vilanova e O Grove. En concreto entre as intervencións nos fondos de estes dous concellos retiráronse más de sete toneladas de lixo. Rodas, áncoras ou nasas, son só algúns dos obxectos que se poden atopar no fondo mariño. Conscientes de esta situación e do nocivo que pode ser para as especies que habitan nel, dende Portos de Galicia poñen en marcha cada ano o Plan de Limpeza dos Fondos Mariños. Cinco portos galegos forman parte de esta iniciativa: Baiona, Cesantes, Bueu, O Grove e Vilanova de Arousa. Nestes dous últimos recolléronse unhas sete toneladas de refugallos. Tendo en conta os cinco concellos nos que se está a actuar, dende Portos de Galicia, afirman que unhas 18 toneladas de lixo foron retiradas dos fondos mariños. (2MIN)