Vilanova reafirmouse como unha vila tranquila e segura

    VILANOVA> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, visitou Vilanova de Arousa, onde participou na Xunta de Seguridade Local do municipio. Ortiz sinalou ao termo da reunión, que Vilanova é un concello seguro. No último ano os delitos en Vilanova descenderon un 20%. Unha cifra moi optimista, tal e como afirmou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, acompañada por Gonzalo Durán. O motivo polo que Ana Ortiz se desprazou ata Vilanova foi participar na Xunta Local de Seguridade, que se celebrou no concello. Despois de estes datos, tanto o rexedor como a propia Ortíz, coincidiron ao sinalar, que Vilanova é unha vila “tranquila e segura para vivir”