![]()
MEAÑO> O Concello de Meaño foi obxecto esta pasada noite de varios roubos con forza sobre as cousas. Os amigos do alleo entraron na Piscina Municipal do…
{flowplayer}images/salnes/160709_actos_vandalismo_meano.flv{/flowplayer}
… Concello de Meaño e o Centro Médico de Dena; así como na Tasca do Muíño do Ferreiro, situado na área recreativa de Lores. O alcalde deste Concello do interior do Salnés cóntanos como sucederon os feitos.
Neste muíño, os ladróns entraron por un burato no tellado, como xa fixeran veces anteriores. Unha vez dentro levaron os poucos cartos que había no bote das propinas e o cambio da caixa; en total non máis de 30 euros. Pero ademais, tamén se levaron canta bebida e comida encontraron, así como caldeiros, capachos e cubertos. Os propietarios pensan que os feitos tiveron que ser nas últimas horas da madrugada, posto que o refrixerador dos xeados, malia estar aberto, aínda contiña a mercancía en bo estado. Ademais, un veciño asegurou ver un turismo escuro sospeitoso en torno ás oito da mañá. Esta xa é a oitava vez en cinco anos que entrar a roubar neste establecemento, situada na Ruta dos Muíños; polo que os propietarios reclaman unha maior vixilancia que poida resultar disuasoria.
Na piscina, asaltaron a caseta onde venden as entradas e as lambadas.Aquí leváronse chucherías e bebidas, unha radio e un pouco de cartos. Neste lugar é a segunda vez que entran no que vai de mes cun modus operandi idéntico.
Son moitas as conxecturas que circulan por este Concello sobre os posibles autores, pero ate o de agora non hai ningunha pista fiable.
Ante esta situación, o goberno local pide os veciños que extremen a vixilancia e que denuncien posibles situacións ou actuacións que consideren sospeitosas.
Redacción Salnés








