Sete compañías integran o cartel da Mostra de Teatro de Ribeira

    RIBEIRA> A Mostra de Teatro de Ribeira achegará este outono ata a vila sete montaxes teatrais de primeira calidade. Entre ela, a última proposta de Contraproducións, ‘O tolleito de Inishmaan’ recoñecida con cinco premios María Casares. Ribeira volve apostar forte polo teatro. O vinte de outubro arranca unha nova edición da Mostra de Teatro que se desevolverá tódolos venres ás nove e media no auditorio municipal ata o día1 de decembro. Lautana teatro será a encargada de levantar o telón co ‘Esperpéntico caso do obreiro do futuro’ seguidos do grupo de Teatro da escola de Narón con ‘Será por camiños’. O monologuista Carlos Blanco, Malasombra, Redrum, Contraproducións e Talía teatro completan o cartel no que se inclúen algunhas das montaxes máis recoñecidas deste ano. Como de costume, as invitacións recolleranse media hora ante do inicio da función. Entregaranse dúas por persoa ata completar aforo.