Noia sede da fase final da Copa Galicia de Baloncesto Junior Masculina

    NOIA> O torneo, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Noia, disputarase este domingo no pavillón Alonso Rodríguez. Catro equipos: o Obradoiro-Peleteiro, o Estudiantes de Lugo, o Club Baloncesto Tui e o Instituto Rosalía disputaranse este próximo domingo o título da Copa Galicia en categoría junior. Os encontros disputaranse no pavillón Alonso Rodríguez. A partir das dez e media da mañá xogarase a primeira semifinal, e dúas horas máis tarde a segunda. Pola tarde, a partir das cinco e media terá lugar o partido polo terceiro e cuarto posto e ás sete e media está prevista a final do torneo. A organización desta cita deportiva corre a cargo da Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Noia.