Carmela Silva define os datos turísticos deste verán como “espectaculares”

Pontevedra> Espectacular, desta maneira cualificou a presidenta da Deputación os datos turísticos que nos deixou este verán nas Rías Baixas. Os meses de xullo, agosto e setembro deixaron unha ocupación media do 82,,84 por cento, 4 puntos máis que no pasado 2016. O Salnés, Caldas e Pontevedra superaron neste verán o 85 por cento de ocupación. A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os datos turísticos deste verán. En primeiro termo centrouse no mes de setembro que deixou unha ocupación media do 73,4 por cento, 2 puntos máis que no pasado ano. O turismo rural chegou ao 40 por cento de ocupación no pasado mes. A continuación, Carmela Silva, fixo un balance dos datos turísitcos dos meses de xullo, agostos e setembro nas Rías Baixas, deste verán, o que cualificou de espetacular en canto a dato se refire. En relación ás persoas que visitaron as Rías Baixas pero non se aloxaron o número ascende a medio millón e houbo un incremento significativo das visitas e preguntas nas oficinas de turismo. Con todo dende a Deputación dixeron que seguirán traballando para mellorar estes datos de cara ao vindeiro ano.