Pontevedra> O alcalde e o concelleiro delegado da Parroquia de Mourente visitaron esta mañá as obras de rehabilitación da Rúa do Costado. Uns traballos de 240 mil euros de investimento que estarán rematados no mes de novembro. Lores quixo sinalar que nos últimos dous anos nesta parroquia realizaron un investimento de preto de 2 millóns de euros, o que amosa a clara aposta do Concello polo rural pontevedrés. Nesta xornada o alcalde e o concelleiro delegado da Parroquia de Mourente visitaron a rúa do Costado para coñecer de primeira man como marchan os traballos de rehabilitación neste punto da cidade. Trátase dun traballo nesta rúa de 700 metros que conta con 32 vivendas e cun orzamento de 240 mil euros. Con esta inversión Lores dixo que se amosa unha vez máis a clara aposta do Goberno Local polo rural pontevedrés. Unha parroquia, a de Mourente, onde se van a colocar 52 pasos elevados co fin de reducir en toda a zona a velocidade a 30. Dende o concello din que seguirán traballando na zona co arranxo da antiga escola unitaria e o Colexio dos Campos. Uns traballos, os de rehabilitación da rúa do Costado que contaban cun prazo de execución de 3 meses, tras unha pequena prórroga dende o concello anunciaron que estarán rematados no mes de novembro.
Inicio PONTEVEDRA