Os hostaleiros piden ampliar o horario na modificación da ordenanza de veladores

Pontevedra> Hai unha semana que dende o Concello de Pontevedra presentaron a modificación puntual da ordenanza de veladores. Hoxe quixemos saír á rúa para coñecer a opinión que teñen tanto hostaleiros como cidadáns. A principal desconformidade atopase no horario de apertura, ás 9, a gran maioría da xente coa que hoxe falamos din que as terrazas deberían poder estar listas un pouco antes, en torno ás 8:30 da mañá. A modificación puntual da ordenanza de veladores comeza a coñecerse xa pola cidade, dende o Canal Rías Baixas quixemos saír a ría para coñecer a opinión que cidadáns e hostaleiros teñen sobre esta modificación. O horario con este cambio sería para todos os establecementos o mesmo, de 9:00 a 1:30 un horario que a moitos lles parece estupendo. Pero un horario que outros consideran insuficientes ao seu comezo, é dicir, piden que se poidan colocar a terraza un pouco antes, en torno ás 8:00 – 8:30 da mañá. E hai outra xente que tamén considera que o peche das terrazas a 1:30 é temprano… pese a que xa anunciaron dende o concello que será un horario que se poderán modificar con datas especiais como o Entroido ou o San Xoan. A partir de xa, dende o concello se porán a traballar na aprobación desta modificación puntual e se todo segue segundo o previsto entraría en vigor para este Nadal.