As obras do parque forestal da Fracha estarán rematadas no verán de 2021

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra visitou hoxe as obras do parque forestal da Fracha. Un proxecto que rematará no verán de 2021 e que conta cun orzamento de 450.000 euros. Os traballos inclúen a substitución de especies invasoras e a apertura e acondicionamento de 26,6 km de sendas tanto para camiñar como para bicicletas.

As obras do parque forestal da Fracha estarán rematadas no verán de 2021. En total, 406 hectáreas que foron cedidas polas Comunidades de Montes de Marcón, Tomeza e A Canicouva. Os traballos foron adxudicados por 450.000 euros.

Ademais de crear unha área recreativa para os veciños de Pontevedra e de acondicionar sendas para camiñar e para bicicletas, os traballos inclúen tamén a substitución de especies invasoras, así como tamén a recuperación dos bordes dos regueiros con especies de ribeira e a plantación de novos exemplares de especies autóctonas. Por último, con este proxecto búscase tamén evitar as escorrentías coa consolidación do terreo con restos de poda.

O alcalde aproveitou esta visita para anunciar que unha vez rematen as obras, o Concello licitará o mantemento anual dos tres parques periurbanos. A previsión orzamentaria é de 80.000 euros para o parque da Fracha e 40.000 para o da Tomba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí