Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018

Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal. O voceiro do grupo Marea fixo esta mañá balance das emendas que no seu momento pactaron co Goberno Local co fin de dar luz verde aos orzamentos deste ano. En primeiro termo Luis Rei dixo que está satisfeito co resultado final do proxecto da rúa Cruz Vermella. No que xa non está tan satisfeito é na negativa do concello para adherirse ao plan de transportes metropolitano. E a principal reivindicación deste grupo pasa pola redacción dunha ordenanza propia da renda social en Pontevedra. Neste punto é onde estará moi atentos para apoiar ou non os orzamentos do vindeiro ano en Pontevedra. O alcalde dixo que está de acordo co contido desta renda social que plantexan dende Marea pero que polo momento ten unha difícil resolución legal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí