O servizo de limpeza viaria de Poio comezará unha folga indefinida o 22 de xullo

POIO> O servizo de limpeza viaria de Poio convoca unha folga indefinida. O paro comezará o luns 22 de xullo. Foi o persoal da empresa Valoriza Medioambiental, concesionaria do servizo, quen decidiu en asemblea recorrer a esta medida.

Denuncian falta de acordo na negociación do convenio colectivo, que non se revisar dende o ano 2019. Aínda que neste 2024 se celebraron dúas reunións entre os representes do cadro de persoal e a empresa, non se conseguiu chegar a ningún acordo.Dende o sindicato UXT aseguran que os salarios están desactualizados, cunha perda económica que cifran en máis dun 17%.

Ademais, apuntan que a maioría dos convenios de limpeza están a ser actualizados, polo que a situación de Poio supón, din un agravio.

A pesares da convocatoria, aseguran estar dispostos a retomar as conversas.