O PSOE de Boiro volve demandar a apertura do viveiro de empresas

    BOIRO> O PSOE de Boiro volve instar ó executivo a rematar e poñer en servizo o viveiro de empresas da localidade. Denuncian que, mentres noutros concellos da comarca se están a impulsar iniciativas deste tipo, o centro boirense leva catro anos infrautilizado. A paralización do viveiro de empresas e a escola de hostalería de Boiro é, para os socialistas, un síntoma máis da incapacidade de xestión do goberno local. Critican que o executivo non aposte por rematar esta infraestrutura que contribuiría á formación e xeración de emprego, mentres noutros municipios como Ribeira están a botar a andar iniciativas similares. Os socialistas consideran que non sería necesario un investimento moi elevado para equipar ó inmoble. E con respecto á escola de hostalería instan ó executivo a xestionar ante a administración autonómica a implantación de ciclos formativos. Manuel Maneiro critica o sistema de priorización das obras municipais no que, di, se executan actuacións innecesarias e se esquecen os proxectos demandados pola cidadanía.