A Xunta inicia a construción dunha senda peonil en Orro

    NOIA> A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, iniciou hai uns días as obras de construción dunha senda peonil na zona de Orro, no concello de Noia. A actuación, que conta cun orzamento de máis de 47 mil euros, suporá unha mellora importante da seguridade viaria na zona comprendida entre a rotonda de enlace coa variante Brión-Noia, nas proximidades da ponte de Ceilán, e o núcleo de Orro, xa que non existía un espazo diferenciado para o tránsito de peóns. As obras terán un prazo de execución dun mes.