PONTEVEDRA> Confírmase o interese de Zara polo edificio que fai esquina entre as rúas Michelena e Gutiérrez Mellado, en Pontevedra. Ata o de agora era tan só un ruxe-ruxe que a firma téxtil estaba a plantexar o traslado da súa tenda actual en Sagasta cara este punto. Hoxe o goberno local confirmou que a multinacional realizou unha consulta urbanística no concello para avaliar a viabilidade deste cambio de sede.
O traslado da tenda que Zara ten en Pontevedra dende a rúa Sagasta á Michelena podería estar máis próximo. O goberno local confirmou hoxe que a multinacional rexistrou no concello unha consulta urbanística sobre o edificio que acollería este novo establecemento: o que fai esquina entre as rúas Michelena e Gutiérrez Mellado.
Na súa consulta, Zara quere saber se, no caso de trasladarse a Michelena, o edificio podería quedar exento de habilitar as prazas de aparcadoiro que require o planeamento actual. Algo que, segundo confirman os técnicos do concello, sería posible.
Dende o goberno local interpretan este interese de Zara como unha demostración da boa saúde económica e comercial da cidade. Máis aló da rúa Benito Corbal.
Moreda indicou tamén que todo apunta que os promotores do proxecto terán que conservar a súa fachada por indicación de Patrimonio. Recordemos que está protexido polo BIC do santuario da Peregrina. O seu caso é diferente ao da rúa Gutiérrez Mellado, cuxo baixo era ocupado por unha parte das Galerías Oliva, que xa está a ser derrubado.