O concello ultima o skatepark para Raíña Vitoria mentres estuda o impacto do seu peche no tráfico

PONTEVEDRA> A avenida Raíña Vitoria de Pontevedra manterase pechada ao tráfico. O concello está satisfeito co balance da medida que, segundo aseguraran nun principio, se tomara para dar máis espazo ao instituto Sánchez Cantón por mor da covid19. Mentres estuda o impacto que tivo no tráfico, o goberno local agarda ter nos vindeiros días o proxecto para a construción do skatepark nesta rúa.

O concello de Pontevedra ultima o proxecto do skatepark que se instalará na avenida Raíña Vitoria. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de obras.

A idea pasaba pola instalación dunha praza con módulos pechada por bordes non moi altos. Será, ademais, desmontable. Aínda que dende o executivo xa adiantan que a intención é manter o peche ao tráfico da avenida.

Hoxe, Gómez asegurou que se están a realizar medicións para conseguir datos reais sobre o impacto que esta medida tivo no tráfico da cidade.

Inicialmente o goberno local explicara que a avenida se pechaba para dar máis espazo ao instituto Sánchez Cantón para poder manter as distancias de seguridade durante a pandemia. Por outra banda, xa adiantou que a rúa Alfonso XIII permanecerá tamén peonil. Neste caso, o colexio Froebel solicitou esta mañá que se manteña a medida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí