Cambados esixe a Portos un correcto mantemento da zona portuaria

    CAMBADOS> Melloras no asfalto da zona onde se realiza o mercado, e nas varandas de acceso ó paseo marítimo, é o que reclama o goberno de Cambados e Somos Cambados, a Portos de Galicia. Despois de 3 requerimentos sen obter unha resposta positiva, esta mañá esixiron ante os medios unha solución ó mal estado desta zona do municipio, dependente da entidade que preside José Juan Durán. O mercado de Cambados realízase en zona portuaria dentro do concello, algo polo que o goberno municipal paga a Portos de Galicia un alugar mensual de 4.000 euros. E por iso, o concello entende que debe ser a entidade autonómica a que se faga cargo do seu mantemento. Como é o mal estado no que se atopa o asfalto, e as varandas que separan o espazo do paseo marítimo, algo que aseguran desde Somos Cambados, pode chegar a provocar problemas de seguridade para a cidadanía. O concelleiro Xurxo Charlín explicou que tras tres requerimientos a Portos de Galicia, a última nunha reunión esta mesma semana, non atopa unha solución para este problema, xa que a resposta que lle dan é que non son cuestións prioritarias. Ademáis, desde o goberno fixeron chegar outros problemas do municipio a Portos, como é o custe polo espazo ocupado de terreno portuario durante a Festa do Albariño, que foi menos que o estimado na previsión que se fixo en febreiro. Tamén trataron na reunión Como as palmeiras afectadas polo picudo no concello, a maioría en zona de portos. O concello ten que pagar 9.000 euros para poñer solución ó problema. A resposta da entidade portuaria, segundo aseguran, é que eles non se farían cargo dese gasto.