CCOO acusa á Deputación de Pontevedra de tratar de suprimir os dereitos dos traballadores

PONTEVEDRA> Comisións Obreiras compareceu hoxe en rolda de prensa para anunciar o inicio dunha campaña informativa na que denunciarán a xestión que está a levar a cabo a Deputación de Pontevedra. O sindicato acusou á institución provincial de poñer en marcha unha administración paralela na que se crean postos de traballo que responden a intereses políticos.

Con esta careta presentáronse hoxe os representantes de CCOO para representar o que, segundo eles, está a facer o goberno provincial cos traballadores da Deputación. O sindicato asegura que a institución provincial está a levar a cabo unha administración paralela que segue as directrices de Abel Caballero.

O secretario comarcal de Comisións Obreiras asegura que a Deputación está a crear postos de traballo innecesarios que, segundo el, responden a intereses partidistas.

Por se fora pouco, dende Comisións Obreiras aseguran tamén que a Deputación está poñendo todo tipo de trabas para que os traballadores non progresen nos seus postos de traballo a través da carreira profesional.

José Luís Pedrosa aproveitou esta rolda de prensa para responder a estas acusacións realizadas polo deputado Carlos López Font o pasado venres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí