Campolongo contará cun complexo deportivo do século XXI

Pontevedra> O concello de Pontevedra formalizou est amñá a sinatura do contrato coa empresa Serviocio para a reforma das piscinas de Campolongo. Uns traballos que suporán, segundo a empresa adxudicataria, unha trasnformación das instalacións actuais para adecualas ao século XXI. Unhas obras que previsiblemente darán comezo no vindeiro mes de abril.

O concello foi o escenario para a rúbrica do contrato coa empresa Serviocio para a reforma das piscinas de Campolongo. Uns traballos que comezarán previsiblemente no mes de abril e que converterán a estas instalacións, tal e como dixeron nesta xornada, nun complexo do século XXI.

Unhas instalación que contarán cunha planta máis para sala de fitmess, ludoteca e un servozo de nutrición e todo tipo de tecnoloxías actuais.

As obras comezarán previsiblemente no mes de abril e terán un prazo de execución máximo de 6 meses, durante ese tempo o complexo permanecerá pechado. Dende a empresa dixeron nesta xornada que intentarán que sexa o mínimo tempo posible.

Dende o concello acollen cos brazos abertos este contrato e agarda que o tempo de peche deste espazo sexa o mínimo posible.

Os descontos e novas tarifas entrarán en vigor dende o primeiro día de vida das novas instalacións en Campolongo, é dicir, a partir de setembro do vindeiro 2019. A plantilla, conformada por 42 traballadores, estará afectada por un expediente de regulación de emprego temporal, ata que finalice a actuación.