Lores insiste na necesidade de priorizar a política forestal en Galicia

Pontevedra> Minuto de silencio, esta mañá as portas do concello de Pontevedra, en sinal de do polos 4 falecidos a causa da vaga de lumes que nestes días asolou Galicia. Lores dixo esta mañá que é tempo de facer fronte a unha política forestal rigorosa e que loite pola seguranza dos nosos montes. Minuto de silencio esta mañá ás portas do concello por parte de toda a corporación e en sinal de do polos 4 falecidos a causa da vaga de incendios que estes días asolou Galicia e especialmente a provincia de Pontevedra. Lores quixo enviar o máis sentido pésame ás familias das vítimas e amosar o seu agradecemento aos veciños e forzas de seguridade que loitaron contra o lume dende a madrugada do sábado. O alcalde de Pontevedra ten claro que os factores que fixeron que esta vaga de lumes se convertese nun desastre medio ambiental foron a seca, a eucaliptización e a falta de política forestal na nosa comunidade. En relación ás críticas que dende o 112 lle realizaron ao alcalde por falar de falta de coordinación, Lores dixo que non é tempo de enzarzaese en discusións e que non quere entrar en polémicas. Un minuto de silencio que rematou cun sentido aplauso en sinal de do e en agradecemento por todo o traballo feito ao longo destes días co fin de salvar vidas, fogares, animais e o monte da nosa terra.