O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela

Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo. O PP de Pontevedra levarán ao pleno desta semana unha moción centrada nun plan de revitalización do Mercado de Estribela en lugar do seu derribo. Dende as filas populates piden que se potencie este mercado e a súa función dinamizadora e xeradora de emprego e lugar do plan presentado polo Concello para convertelo no novo centro social da parroquia. Dende o Goberno Local insisten en que van a realizar en Estribela o acordado cos veciños da zona, acordada polo consello parroquial. Un asunto que se debaterá no pleno deste xoves, onde o PP presentará esta moción pola vía de urxencia instando ao Goberno Local a parar a tramitación do proxecto do centro social, que se atopa xa en fase de licitación.