Pontevedra agarda contratar o mantemento das zonas verdes no mes de xullo

PONTEVEDRA> Pontevedra ultima o novo contrato de mantemento de xardíns e zonas verdes da cidade. Segundo o concelleiro responsable da área, Iván Puentes, podería adxudicarse ao longo do mes de xullo. Será, ademais, o maior da historia dedicado a este servizo: o prezo de licitación é un 60% superior ao actual, e abranguería o mantemento de 1,2 millóns de metros cadrados de zonas verdes.

Ao longo do mes de xullo, o concello de Pontevedra licitará o novo contrato de mantemento de xardíns e zonas verdes da cidade. Será o maior da historia do municipio nesta área.

O novo contrato conta un orzamento de case 1,7 millóns de euros, un 60% máis que o actual. A intención é cubrir o mantemento dos 1,2 millóns de metros cadrados de zonas verdes que hai no municipio.

Outra das actuacións pendentes que ten a concellería de Desenvolvemento Sostible é a mellora paisaxística dos xardíns da Praza do Concello. A actuación xa está adxudicada e ten un prazo de execución de dous meses.

A intervención suporá tamén o traslado da oliveira que está plantado nun testo nun dos laterais da Praza do Concello. A intención é trasladalo ata algúns dos xardíns desta contorna. Os traballos nestas zonas verdes contan cun orzamento de máis de 47.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí