Persoal técnico estuda xa polo miúdo os segredos de Santa Clara

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra comeza os seus estudos para descubri-los misterios da historia do convento de Santa Clara. Esta mañá, un grupo de técnicos visitou o monumento pontevedrés para inicialia-la fase de análises e catas. A intención é afinar ao máximo as cuestións que deben estar incluídas no prego de contratación dos futuros estudos arqueolóxicos.

Detrás destas paredes do convento de Santa Clara de Pontevedra queda aínda moito por descubrir. Esta mañá, un grupo de técnicos do Museo de Pontevedra visitou o monumento0, para botar luz sobre os seus ‘misterios’.  A idea é coñecer o estado das instalacións e tamén cal foi a súa evolución ao longo do tempo. A inspección desta mañá servirá para distinguir os elementos máis relevantes a conservar e poñer en valor ou a descartar no que moi previsiblemente será un novo edificio do Museo provincial.

A visita de hoxe serve para poñe-las bases para elaborar do xeito máis rigoroso posible o prego de contratación dos estudos que se van a levar a cabo no convento.

A idea é que o prego para a contratación dos estudos estea listo neste mes de xaneiro para que despois a empresa entregue o traballo en dous meses e medio logo da licitación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí