O cole San Tomé podería contar o curso que ven con servizo de comedor

    CAMBADOS> Unha recente enquisa realizada entre a comunidade educativa do colexio San Tomé, en Cambados, revelou que uns 80 cativos, no caso de haber comedor, quedaría a xantar na escola. Por iso este martes o delegado da Xunta, na provincia, visitou as instalacións do centro para coñecer as instalacións, e as posibilidades das mesmas.  

     

    O cole de San Tomé podería ofrecer o servizo de comedor o ano que ven. Esa é a posibilidade na que se está a traballar dende o centro cambadés, coa axuda da Xunta de Galicia e o concello de Cambados. Este martes, representantes das dúas administración visitaron as instalacións, acompañados do director de este centro, quen lles trasladou a súa petición. 

    Un servizo que se situaría na antiga casa do conserxe do colexio, e que suporía un espazo duns 90 metros cadrados, nos que os cativos deste cole poderían comer de luns a venres. 

    Dende o concello tamén se mostraron receptivos a esta reforma.

    De tódolos xeitos, haberá que esperar un pouco máis, xa que esta é a primeira visita que se fai ao centro educativo por este tema, e aínda ten que ser visitado polos técnicos da administración autonómica a fin de determinar as posibilidades do espazo, para a redacción do proxecto. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/touris_cole_san_tome_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/touris_cole_san_tome.mp4{/flowplayer}