Pontevedra tínguese de rosa neste 19 de outubro

Pontevedra> Neste 19 de outubro conmemórase o día mundial contra o cancro de mama. Dende a Asociación contra o Cancro de Pontevedra tinguiron a cidade de rosa cun lema moi claro: a túa loita e a nosa loita, e cunha mensaxe en positivo onde din que coa celebración desta data se lembra que o cancro de mama se pode superar. Neste 19 de outubro conmemórase o día mundial contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que en España padecen máis de 26 mil mulleres na actualidade. Dende a Asociación Contra o Cancro de Pontevedra saíron á rúa nesta xornada cunha clara mensaxe. Con este día, onde Pontevedra se tinguiu de rosa e con photocall incluído, dende a Asociación quixeron poñen en valor a forza de todas as mulleres que padecen cancro. E a mensaxe neste 19 de outubro tamén sae con forza e enerxía dende esta asociación. Dende esta asociación aconsellan a todas as mulleres e en xeral e todo o mundo que forme parte desta entidade, onde din, nunca se van a sentir sos. Dende esta Asociación quixeron esta mañá lembrar o teléfono co que contan con servizo 24 horas para calquera dúbida ou axuda, tomen nota: 900 100 036.