Pontevedra> O 23 de outubro comeza a campaña de vacinación que lanzan dende a Consellería de Sanidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá ata o 29 de decembro e que ten como fin minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións que poida ocasionar a mesma. Cun orzamento de máis de un millón 900 mil euros a Xunta de Galicia adquiriu 560 mil doses para esta campaña de vacinación antigripal. Delas 250 mil son vacina reforzada, destinada a persoas ingresadas en residencias da terceira idade e para maiores de 70 anos, e as 310 mil restantes son vacinas antigripais convencionais, destinadas á poboación de calquera idade. Tal e como dixeron nesta xornada, o obxecto desta campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a vacinación. Pese a que Pontevedra é das provincias onde menos de vacina contra a gripe a poboación, dende a Consellería quixeron incidir en que Galicia contará con 250 puntos de vacinación e a provincia de Pontevedra con 92.
Inicio PONTEVEDRA