POIO> Raxó tamén existe. Con este slogan o PP de Poio reclama ó goberno local que leve a cabo o tramo da estrada principal que lle corresponde na entrada desta parroquia. A obra leva dous anos de retraso.
A reforma da P0-308 segue en marcha. O obxectivo é mellorar as beirarrúas e as interseccións. Dentro destas actuacións atópase a construción dunha nova vía que dea respiro á estrada na parroquia de Raxó. A obra levaríana a cabo conxuntamente o Concello e o Goberno Autonómico. O PP de Poio acusa ó executivo de Luciano Sobral de non cumprir co parte que lle corresponde.
A obra leva un retraso de dous anos. Segundo Moldes a Xunta investiu nos traballos máis de 6 millóns de euros, entre os que se atopan as expropiacións das leiras necesarias para facer a vía.
O líder do PP de Poio pide ó Concello que actúe e se deixe de desculpas.
Os populares ven necesaria que a obra estea rematada no verán para cubrir toda a demanda de vehículos que transcorren por esa estrada.











