Pleno confinado en Pontevedra: a porta pechada, mantendo as distancias e sen todos os concelleiros

PONTEVEDRA> Pontevedra recuperará os plenos a vindeira semana. A sesión, como non podía ser doutro xeito, virá marcada pola crise do coronavirus, tanto no seu contido como no formato. Cada un dos grupos municipais estará representado por unha parte dos seus membros. O resto seguirán a sesión de forma telemática. Ademais, vaise desenvolver a porta pechada.

O vindeiro luns, a corporación de Pontevedra celebrará un pleno marcado pola crise sanitaria. O coronavirus está presente tanto na orde do día como no formato da sesión. Cada grupo estará representado por varios membros. O resto seguirán o debate de xeito telemático.

O Pleno celebrarase como é habitual no Teatro Principal, pero a porta pechada. Iso si, mantense a disposición habitual.

Un dos asuntos que irá ó pleno é a moción do PP para a exención de tódolos impostos e taxas mentres dure a crise sanitaria. Unha proposta que para Lores non ten “nin pés nin cabeza”.

Pola súa banda, dende o PP lamentan a falta de implicación do Concello. Os populares botan en falta máis propostas por parte do executivo local para apoiar ós comercios e autónomos da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí