O PXOM de Pontevedra non avanza

PONTEVEDRA> A negativa da secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, a acudir a comisión de estudio do PXOM para explicar a postura da Xunta con respecto o mesmo, xerou malestar no grupo de goberno, e tamén nalgúns da oposición. 

 

A secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas enviou unha carta a presidenta da comisión de estudio do PXOM de Pontevedra, María Rey, para desculpar a súa ausencia ao entender que non procede a intromisión da administración autonómica nunha comisión de carácter municipal.

O BNG tamén se sumou as críticas pola ausencia da secretaria xeral. A Tenente de Alcalde, Carme da Silva sinalou que esta ausencia deixa en evidencia a aos populares pontevedreses ao ser Xacobo Moreira deputado no Parlamento e Alfonso Rueda Vicepresidente da Xunta. 

Dende o Partido Popular de Pontevedra xustifica a ausencia de Encarnación e Rivas, e destacan a importancia de que o goberno galego mantén a súa oferta de colaboración para “desatascar”, din, o novo proxecto.”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/31/pxom_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/31/pxom_pontevedra.mp4{/flowplayer}