Lores pide á Xunta diálogo en relación a comarcalización do parque de bombeiros

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra non entende por qué dende o PP se están a falar tanto da posible comarcalización do parque de bombeiros sen falar antes co concello de Pontevedra. Lores dixo esta mañá que está disposto a sentarse a falar e a negociar, o único que pide, o rexedor pontevedrés, é que este servizo non lle custe máis cartos aos veciños e que se manteña a calidade do servizo que recibe a cidade.

Lores di que de momento non conta ni con unha cita ni invitación da Xunta para falar da comarcalización do parque de bombeiros. Lores insta deste xeito á Xunta de Galicia a que lle digan, ao Goberno Local, o que queren e, a partir, de aí, sentarse a negociar. O rexedor pontevedrés dixo que non ten ningún inconvinte en falar sobre este asunto, e que están á espera de que se lles presente unha proposta seria.

Lores ten claro que todo o que sexa mellorar o servizo de bombeiros a nivel comarcal será benvido pero tamén sabe que se leva falando moitos anos sobre este asunto, e lembra que nunca se chegou a unha proposta seria e formal. De todos modos, o alcalde considera ridícula a cifra de 2 millóns de euros anunciada pola Xunta de Galicia para unha posible comarcalización dos parques municipais en Galicia.