Unha ducia de persoas identificadas pola agresión a dous axentes no Vao

POIO> Identificadas máis dunha ducia de persoas pola agresión rexistrada o luns no Vao de Arriba a dous axentes. A investigación que están levando a cabo a Policía Local de Poio e a Garda Civil conxuntamente continúa aberta para tratar de localizar a todos os implicados no suceso.

Pola súa banda, o Concello de Poio anunciou a súa primeira medida neste sentido. O alcalde, Luciano Sobral, remitiu hoxe unha comunicación urxente á Subdelegación do Goberno. Nela, instou a esta institución a afondar nunha colaboración “exhaustiva e diaria” co obxectivo de poñer fin aos incidentes que se veñen rexistrando no poboado dende hai anos.

O goberno municipal fai fincapé na problemática que presenta o Vao e asegura que é unha situación que non pode asumir en solitario o Concello. Por iso, o alcalde propón á institución estatal o reforzo de patrullas na zona.

Ao longo desta semana está previsto que se leven a cabo controis fixos no acceso ao Vao.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí