Pontevedra> A praia fluvial de Pontevedra iniciou esta semana as obras de mellora. A empresa Covsa será a encargada de executar estes traballos de mellora do areal, que consistirán no cambio da malla que protexe aos bañistas da capa de lodo do fondo do río, a instalación de novas duchas, as construción de mellores accesos e a renovación da area.
Esta semana comezaron as obras na praia fluvial de Lérez, uns traballos que traerán consigo numerosas melloras entre as que se atopan, cambio da malla que protexe aos bañistas da capa de lodo do fondo do río, a instalación de novas duchas, a construción de mellores accesos e a renovación da area. Ademais a construtora, Covsa, incluirá dúas melloras no contrato_ a renovación da tarima e da senda peonil que hai no lateral da praia.
Trátanse duns traballos que contarán con 3 meses de prazo de execución e cun investimento de 230 mil euros. O Goberno Local agarda que estas obras xa estean rematadas para a época de baño.
En paralelo a este proxecto o Goberno Local ten pendente unha adxudicación do Kiosco da praia fluvial. Os aspirantes a xestionar esta instalación, situada na avenida de Bos Aires, deberá pagar un canon anual de 1100 euros.