Un desfile para atopar unha familia

PONTEVEDRA> Incerteza e desamparo. Así é como se sinte a directiva da protectora de Os Palleiros. Coa nova Lei de Contratos rompeuse o convenio que tiñan co Concello de Pontevedra e que subvencionaba o refuxio. E, aínda que nos vindeiros días manterán unha reunión coa responsable de Benestar animal do goberno local, dende Palleiros piden maior colaboración cidadá para unha das épocas máis complicadas do ano, o verán.

Seis meses, ese é o tempo que levan dende Os Palleiros sen recibir subvencións por parte do Concello de Pontevedra. O convenio que tiñan asinado co goberno local rompeuse coa nova Lei de Contratos. E, aínda que este mércores a directiva manterá unha reunión coa nova responsable de Benestar animal municipal, aínda non saben cando recibirán todo o diñeiro que necesitan para os vindeiros meses.

Con 140 cans ao seu cargo e sen recursos para os meses de verán, a protectora vese obrigada a pechar as portas do refuxio.

Pero como o seu único obxectivo é encontrar unha familia para estes cans, a protectora está organizando xa novos eventos para visibilizalos. Entre eles, un desfile para que os palleiros se suban á pasarela.

No desfile, que se celebrará o 13 de xullo ás 19:30 horas na Praza de España, participarán arredor de 40 cans.

Pero as actividades en Palleiros no terminan. A protectora está organizando tamén unha cena benéfica para o vindeiro 20 de xullo en Lourido. Un evento máis para que estes cans saian a rúa e para que todos poidamos aportar o noso graniño de area para un refuxio que fai tanto polos animais.