Os comuneiros culpan dos lumes á falta de xestión forestal

PONTEVEDRA> Os comuneiros de Pontevedra piden compromiso das Administracións e da cidadanía para evitar que se repita a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, que exista unha trama organizada trala situación do domingo, e sinalan unicamente á falta de xestión forestal como responsable. As comunidades de montes de Pontevedra esixen a implicación de sociedade e administracións para evitar que se produzan situacións como a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, a teoría da Fiscalía Superior de Galicia que abriu dilixencias para determinar a posible existencia dunha trama organizada tralos incendios. Para a Mancomunidade, o que se está a producir en relación cos lumes é unha vergoña. Advirten, ademais, de que a situación podería ser moito peor de non comezar as chuvias. Ante esta situación, inciden que a prevención é fundalmental. Por iso, critican a política forestal da Xunta e as dificultades para acceder ás liñas de axuda. Só neste ano, administración autonómica desestimou 238 peticións de axudas de comunidades de montes galegas. Piden, ademais, que os días non borren a rabia que fixo que a cidadanía saira á rúa para protestar pola vaga de lumes. Tamén reclaman á Xunta varias medidas, como a reforestación da superficie queimada, a retirada do criterio de densidade de poboación na concesión de axudas e a coordinación entre Medio Rural e Patrimonio, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí