O esperado parque infantil de Médico Ballina é xa unha realidade

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra inaugurou hoxe o parque infantil de Médico Ballina. Esta zona de ocio conta con preto de 1.200 metros cadrados e da resposta a unha demanda histórica dos veciños e veciñas da cidade.

Esta é a mellor definición do que se viviu hoxe nesta zona de xogos, porque tras moitos anos de reivindicacións, o parque infantil de Médico Ballina é xa unha realidade. Unha tirolina, un pórtico de randeeiras e un bambán con forma de cesto son algúns dos elementos que forman esta zona de xogos. Un espazo de case 1.200 metros cadrados onde tamén hai oco para descansar.

E como non podía ser doutro xeito tras anos esperando, os máis pequenos están encantados con este novo parque.

Unha alegría que tamén se estendeu aos máis maiores. Os veciños de Médico Ballina agradecen o traballo realizado por parte da Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural pero reclaman maior atención por parte do resto da corporación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí