Tres familias recolleron as chaves das súas vivendas de protección oficial en Monteporreiro

PONTEVEDRA> Tres vivendas protexidas do barrio pontevedrés de Monteporreiro xa están en mans das familias que van a desfrutar delas. A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fíxolles este mediodía entrega das chaves dos pisos, que foron rehabilitados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os novos inquilinos terán que pagar un alugueiro de 91 euros ao mes.

Tres familias recolleron este mediodía as chaves dos seus futuros fogares. A Xunta entregou tres novas vivendas protexidas no barrio pontevedrés de Monte Porreiro.

Son pisos de 74 metros cadrados con tres dormitorios, terraza particular, rocho e patio común. As familias terán que asumir un aluguer mensual de 91 euros.

A Xunta de Galicia investiu preto de 200.000 euros nas obras de rehabilitación do edificio que as acollen. As actuacións centráronse en mellorar a eficiencia enerxética do inmoble.

Pontevedra conta con aproximadamente 600 vivendas de promoción pública. Ademais, está prevista a construción de 33 novas en dous solares da cidade. A metade xa contan coa licenza de construción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí