Carmela Silva solicita que o estado declare a Galicia como “zona afectada gravemente”

Pontevedra> A presidenta da Deputación, solicitará ao delegado do Goberno en Galicia, que o Estado decrete a nosa comunidade como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil. Trátase dunha nova lei aprobada no 2015 que ten que se aceptada polo Consello de Ministros. Con este visto bo a axuda sería directa e rápida para os damnificados pola vaga de lumes. Hai unha semana que estabamos a vivir o luns máis negro dos últimos anos en Galicia. Con sete días para reflexión dende a Deputación de Pontevedra anunciou hoxe que á reunión á que asistirá mañá convocada polo Delegado do Goberno en Galicia solicitará que se decrete Galicia como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil. Desta maneira as axudas aos damnificados sería dun xeito directo e rápido, soamente coa aprobación deste decreto, do 2015, no consello de Ministros. Por trátase dunha lei que fala de tres necesidades básicas, a anticipación, a prevención e a coordinación. Unha lei que agarda que o Consello de Ministros aprobe canto antes para a nosa comunidade. Dende a Deputación non entenden por qué o PP non sacou á luz esta nova lei que axudaría moito a Galicia trala vaga de lumes. Silva quixo lembrar unha vez máis que as competencias en materia de incendios son única e exclusivamente da Xunta e do Estado que estas dúas administración non poden seguir botando balóns fora, e deben asumir responsabilidades.