Pontevedra> Pontevedra foi o escenario da primeira xornada de traballo municipal dos candidatos e candidatas do BNG das sete grandes cidades para as próximas eleccións locais. Unha cita onde dende o Bloque deixaron claro que as súas, son unhas candidaturas de futuro e pensadas para a cidadania.
Pontevedra foi a cidade elixida para comezar as reunións dos candidatos das sete grandes cidade de Galicia do BNG e estando en Pontevedra o tema protagonista da xornada foi o modelo de cidade. Dende o Bloque dixeron e deixaron claro que teñen e sinten confianza e amor polo país.
Lores dixo que claramente o seu partido, tanto en Pontevedra como no resto de grandes cidades galegas, deixa pegada e ofrece unha alternativa de futuro pensando na cidadanía.
Para a líder nacionalista, Ana Pontón, o BNG contará para os vindeiros comicios locais coas mellores candidatos e candidatas do país.
Dende o BNG consideran que estas eleccións son importantes para o seu partido e para Galicia, por esta mesma razón van a por todas e sen límites.
Unha primeira reunión que tivo como escenario Pontevedra, un espazo onde o BNG deixará pegada ao igual, tal e como dixeron nesta xornada, que en moitas outras vilas onde goberna o Bloque, un partido que sempre o fai, dixeron, pensando na cidadanía e no seu benestar.