O kiosco do parque de Torrado terá unha nova vida como cafetería

    CAMBADOS> Avanzan os traballos para converter o vello kiosco do Parque de Torrado, en Cambados, nunha cafetería. A intención do goberno local é que as obras rematen a vindeira semana. Unha vez o local estea rematado, sacarase a licitación para que poida estar en funcionamento antes da Semana Santa do 2018. Nunha semana, o antigo kiosco do parque de Torrado terá completada a súa transformación nunha cafetería. O edil de obras supervisou esta mañá os traballos, que contan cun orzamento de 13.500 euros. Cambios de ventanais, construción de novos baños accesibles, instalación da barra da cafetería, preparación da porta de entrada… son algunhas das actuacións que se están a realizar e que, segundo os cálculos do concello, estarán rematadas a vindeira semana. Aínda que como kiosco a instalación non era viable, José Ramón Abal confía en que na súa vida como cafetería poida ser rendible. Un negocio que, ademais, pode dinamizar a zona. Polo de momento, o goberno local non estudou cales serán as condicións que se apliquen á concesión para explotar a cafetería. A súa intención é que estea en marcha antes da Semana Santa de 2018.