PONTEVEDRA> Aprazado o xuízo contra dous gardas civís por filtrar documentación confidencial a narcotraficantes. A vista celebrarase finalmente en xaneiro, aínda que estaba prevista para hoxe na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. O aprazamento debeuse a cuestión organizativas e técnicas. A Audiencia Provincial de Pontevedra non xulgará ata o 22 de xaneiro de 2018 aos tres acusados de filtrar información clasificada e secreta da Garda Civil a diversos grupos criminais. Entre eles, organizacións dedicadas ao narcotráfico. Dous dos acusados eran axentes do Instituto Armado na Comandancia de Pontevedra. O terceiro, estaba vencellado co narcotráfico. A vista estaba prevista para hoxe, pero finalmente atrasouse por cuestións organizativas e técnicas. A súa celebración complicouse porque un dos avogados do caso é tamén letrado noutro xuízo da Audiencia, no que se xulga o crime de Arbo. Debido a varios retrasos nese proceso, non foi posible realizar varias probas por videoconferencia. Para os dous gardas civís, a Fiscalía de Pontevedra solicita once anos e medio de prisión por un delito continuado de revelación de segredos en concurso medial cun deltido de encubrimento e dun delito contra a intimidade cometido por funcionario público no seo dun grupo criminal. Tamén solicita que sexan suspendidos de emprego durante tres anos, e inhabilitados de xeito absoluto durante outros doce. O terceiro dos acusados, veciños de Vilanova, enfróntase a unha petición de sete anos de cadea, por un delito de revelación de segredos e outro de integración en grupo criminal. O fiscal considera que os tres eran membros dun grupo criminal que tiña por finalidade obter información secreta e datos persoais das investigacións da Garda Civil para pasala despois a terceiras persoas, en moitos casos afectados polas investigacións. Estima que estas prácticas pudieron desenvolverse dende febreiro a xullo de 2013, polo menos.
Inicio Salnés - Caldas







