A Quiniela deixa en Vilagarcía máis dun millón de euros de premio

    VILAGARCÍA> A sorte fixo parada onte en Vilagarcía. Un pleno ao quince na Quiniela deixou nin máis nin menos que un premio de un millón 36 mil euros. O boleto foi selado na administración de Lotaría número 4 da capital arousá, na rúa San Roque. ESta mañá, o seu responsable Carlos Cores, non ocultaba a súa alegría. Esta é a receita para gañar un millón 36 mil euros. Onte un afortunado conseguiu este premio grazas a un pleno ao quince na Quiniela. Unha aposta máis que rendible. Coñécese a combinación gañadora e tamén a contía do premio. O que de momento permanece no anonimato é o nome do afortunado. Esta mañá, na administración de Lotaría número 4 de Vilagarcía, na rúa San Roque, almorzaron con esta boa nova. O premio chega, ademais, despois dun tempo sen dar un premio desta envergadura. Este millón 36 mil euros non irá íntegro para o afortudao. O 20%, ao redor de 200 mil euros, levaraos a Axencia Tributaria. Agora, na administración número 4 xa se pensa na Lotaría de Nadal. Unha venda que vai a bo ritmo, pero que, de cumprirse as previsións, se disparará no mes de novembro.