Os 60 alumnos do CRA de Ribadumia gozaron dunha xornada de seguridade de tráfico

RIBADUMIA> O CRA de Ribadumia organizou unhas xornadas de tráfico para ensinar ós máis pequenos os sistemas de seguridade nas estradas. Os máis de 60 alumnos gozaron con charlas, paseos en moto e camión e participando, cas súas bicicletas, nun circuíto de tráfico no pavillón de Sisán.

Semáforos, Sinais, pasos de peóns, vehículos… Os máis pequenos de Ribadumia gozaron hoxe dunhas xornadas divulgativas sobre tráfico. Estes obradoiros lévanse a cabo dende hai 4 anos grazas á colaboración entre a escola CRA davila e DXT.

A xornada consta de tres obradoiros: O primeiro é unha charla para introducilos na seguridade do tráfico, o segundo consiste en montar nos vehículos da policía e da atutoescola e o terceiro é a posta en práctica do aprendido nun circuíto preparado.

O obxectivo é que os máis pequenos coñezan os sistemas de seguridade tanto nos vehículos como nas rúas.

Nas xornadas participaron 60 nenos e nenas de 3 a 5 anos. Como peche, os pequenos gozaron dunha actuación de clown e dun colombódromo con pombas mensaxeiras.