O PP denuncia o abuso de asistencias técnicas que realizan dende a Deputación

Pontevedra> O PP provincial presentará no pleno deste mes unha moción centrada nas asistencias técnicas. Dende as filas populares consideran que o Bipartito está abusando deste tipo de contratos privados para suplantar o traballo dos funcionarios. O Grupo Provincial do PP denunciou esta mañá que o Bipartito da Deputación está abusando da contratación de asistencias técnicas privadas para suplantar o traballos dos funcionarios. Moldes, sinalou que coa chegada do bipartito se ampliou considerablemente o número de persoal técnico de diferentes servizos, ata o punto de que, por primeira vez, tiveron que recorrer ao aluguer de oficinas externas pola falta de espazo no Pazo Provincia e no Edificio Administrativo. Por esta razón no pleno deste venres presentarán unha moción onde piden a que a Deputación explique a que se deben a contratación de todas estas asistencias técnicas. En relación ao pleno, Moldes dixo que os populares presentarán unha emenda á moción dos socialistas sobre os incendios, co fin de coñecer se a Deputación tamén axudará aos concellos afectados trala vaga de lumes que asolou a nosa comunidade, e en concreto, á provincia de Pontevedra.