Ravella destina 420.000 euros á humanización da Praza da Independencia

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía xa ten o proxecto de reforma para a Praza da Independencia. Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis no seu modelo urbano, marcado polas zonas peonís e a mellora da accesibilidade. A actuación financiarase no marco do proxecto Vilagarcía Avanza, que contará con fondos europeos. Está orzamento en 420.000 euros. Vilagarcía camiña cara un modelo de cidade máis accesible e humanizado. Coas obras de peonalización da Praza de Galicia a piques de ser adxudicadas, o concello presentou esta mañá a intervención na Praza da Independencia. Unha parte da actuación dirixirase a peonalizar dúas das tres rúas que rodean a praza. Nesta zona empregaranse dous tipos de formigón, material duradeiro e que precisa e pouco mantemento. A praza en si non experimentará grandes cambios. O máis importante será a eliminación do vaso da fonte, facéndoa máis accesible. A intención é reutilizar a peza noutra zona deste espazo. A substitución de todas as redes de abastecemento, saneamento e telecomunciación, e a creación de superficies de captación de auga para reducir posibles asolagamentos, son outros puntos da intervención, que conta cun orzamento de 420.000 euros financiados cos fondos europeos do Plan Vilagarcía Avanza.