Sanxenxo interporá un contencioso contra Pontevedra polo abastecemento da auga

    SANXENXO> O abastecemento de agua mantén enfrontados aos concellos de Pontevedra e Sanxenxo. Esta mañá, o pleno sanxenxino aprobou a interposición dun contencioso-adminitrativo contra o municipio de Pontevedra, en relación aos pregos que rexen o concurso deste servizo. A medida saíu adiante co apoio dos edís non adscritos Vanessa Rodríguez e Roberto Agís. BNG e PSOE, optaron pola abstención. Sanxenxo irá ao xulgado polo conflito do abastecemento da auga con Pontevedra. O pleno aprobou esta mañá interpoñer un contencioso-administrativo contra o concello pontevedrés, en relación aos pregos que rexen o concurso deste servizo. O goberno encabezado por Telmo Marín entende que Pontevedra non pode incluír no novo contrato de abastecemento de auga a subministración aos veciños dun municipio que non é o seu. Unha postura que contou co apoio dos edís non adscritos Vanessa Rodríguez e Roberto Agís. Non así BNG e PSOE, que optaron pola abstención. Martín lembrou que existen dous antecedentes neste conflito que dan a razón a Sanxenxo. Por unha banda, apuntan a unha sentenza xudicial que establecería que o prezo debe ser un acordo entre todos os concellos implicados. Pola outra, o Ministerio de Fomento tamén se pronunciaría nos mesmos termos.