A ludoteca Cocomel celebra o seu segundo aniversario coa axuda do programa Emega

A ILLA> O vicepresidente da Xunta de Galicia visitou esta mañá a illa de Arousa para promocionar o programa EMEGA. Con estas subvencións axúdase aos proxectos de mulleres emprendedoras. Grazas a esta aportación tres rapazas da Illa continúan coa súa ludoteca Cocoemel.

A xunta de Galicia, a través do seu programa Emega, ten dispoñible unha liña de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha de iniciativas empresarias constituídas por mulleres. É o caso da ludoteca Cocomel da Illa de Arousa, que naceu hai case dos anos.

A xunta leva preto de 10 anos traballando con este programa. A cantidade destinada supera os 9 millóns de euros. O obxectivo é axudar ás mulleres emprendedoras a poñer en práctica as súas ideas.

Para as emprendedoras de Cocomel, Emega foi a axuda que lles permitiu dotar a instalación dos materias necesarios. A ludoteca acolle a 45 nenos e nenas.

Dende o concello da Illa felicitaron ás emprendedoras pola súa iniciativa. Destacaron a axuda para a conciliación familiar que este centro aporta aos pais e nais dos pequenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí