Quince días para mellorar a seguridade viaria do Polígono

    RIBADUMIA> En marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, subvencionados nun 95% pola Xunta de Galicia. Os traballos diríxense á creación dunha senda peonil entre os dous parques empresariais e unha beirarrúa nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros do Salnés. Xa están en marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés, que comparten os concellos de Cambados e Ribadumia. A actuación diríxese á construción dunha senda peonil e unha beirarrúas nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros. A actuación continuará no Polígono de Sete Pías. Neste parque está previsto o pintado e asfaltado das diferentes rúas, ademais da colocación de dúas pantallas xigantes con información das empresas asentadas. Por iso, mentres se desenvolven os traballos tanto Cambados como Ribadumia piden precaución aos condutores, e paciencia ante as dificultades no tráfico que poidan aparecer. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, dos que os concellos só terán que poñer un 5%. O restante correrá a cargo da Xunta de Galicia. O prazo de execución dos traballos é de 15 días.